Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Brión convoca un curso de cestería tradicional galega e outro de manipulador de alimentos


O Concello de Brión vén de facer pública a súa oferta formativa para o mes de novembro, que inclúe a organización dun curso de cestería tradicional galega e outro de manipulador de alimentos. En ambos casos é preciso anotarse na Casa da Cultura de Brión, no 981 50 99 08 ou en voluntariado@briondixital.org ata una semana antes do inicio de cada curso.

O obradoiro de cestería tradicional galega terá lugar no local social dos Ánxeles todos os mércores entre o 2 de novembro e o 21 de decembro en horario de 18:00 a 20:30 horas. Un curso de 20 horas de duración que terá un custe de 25 euros. O mesmo prezo terá o curso de manipulador de alimentos que se celebrará no centro social polivalente o venres 18 de novembro, de 16:00 a 19:00 horas. Un curso no que o alumnado poderá obter este carné preciso para traballos relacionados coa hostalaría, panaderías, comedores escolares, etc.

En ambos casos será preciso un mínimo de 10 persoas inscritas para a realización do curso, no que a admisión se realizará por orde de inscrición, tendo preferencia os veciños e veciñas de Brión.